Labores de limpeza con solución desinfectante en hospitais, ambulatorios e residencias de Ferrol

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, indicou que os traballos levaranse a cabo de luns a domingo en días alternos co fin de “seguir loitando contra a propagación da COVID-19”

Na tarde de onte mesmo, un equipo formado por tres efectivos dotados con equipos de protección individual (EPI) e un camión bomba pulverizou solución desinfectante nos accesos aos ambulatorios de Serantes, Caranza, o Edificio Social da concellería de Benestar Social e residencias de maiores. O edil anunciou que os traballos de desinfección se levarán a cabo de luns a domingo en días alternos e incluirán tamén os exteriores do albergue de Caranza, o ambulatorio da Praza de España, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e o Centro de Atención a persoas con discapacidade (CAMF), entre outros espazos. “Executaranse nos horarios de menor afluencia de persoas para evitar molestias”, explicou.

Cosyota indicou que o fin de retomar os traballos de desinfección “é poñer os medios que temos para protexer aos nosos veciños e seguir loitando entre todos contra a propagación da covid-19”.

Máis de 800 intervencións durante o estado de alarma

O Corpo de Bombeiros de Ferrol realizou durante o tempo que durou o estado de alarma un total de 820 desinfeccións en diferentes espazos da cidade. No mes de marzo e abril sumaron 383, en maio outras 374 e en xuño, ata a finalización do estado de alarma, fixéronse un total de 63 intervencións.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.