Lugo programa actuacións itinerantes de jazz no casco histórico baixo o título ‘Dixieland nas rúas’

“Iniciamos con este ciclo o camiño de cara ao 30 aniversario do Festival de Jazz de Lugo”, declarou Maite Ferreiro. Cinco bandas de dixieland galegas animarán as rúas do centro os xoves entre o 6 de agosto e o 10 de setembro

A concelleira de Cultura, Turismo e Pormoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades do programa Dixieland nas Rúas, que a área de Cultura organiza de cara á celebración do 30 Festival de Jazz de Lugo. “Apostamos por unha serie de concertos en movemento para cumprir coas medidas sanitarias ao mesmo tempo que enchemos de música as rúas”, afirmou Maite Ferreiro.

The Swinning Flamingos Street Band, Musklat Rubmlers, The Dixie Blinders, Dixielendas e High Society Jazz Band percorrerán as rúas do centro da cidade cada xoves, entre o 6 e o 10 de setembro entre as 20:30 e as 22 horas. “Un total de cinco bandas galegas de dixieland, que farán as delicias das amantes do jazz e da música en xeral”, declarou a edil de Cultura.

“Continuamos deste xeito co noso apoio á cultura dun xeito responsable que permita á veciñanza desfrutar de actividades culturais con total seguridade”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “ademais, continuamos coa nosa aposta pola cultura galega no momento no que precisan máis apoio pola crise sanitaria”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.