Máis Porriño manifesta a súa indignación e repulsa pola “política de supremacismo social que leva a cabo a Xunta de Galicia”

A Xunta decide colocar mamparas de separación no parlamento de Galicia, (o cuál nos parece perfecto), pero non tomou ningunha medida similar nos colexios e institutos públicos que teñen que comenzar as aulas en setembro,

Tampouco lexislou o respecto, e sencillamente está deixando totalmente desprotegidos os nenos e nenas, así como os e as mestres do noso pais
Nos queremos saber porque o concello do Porriño non se opón frontalmente a esta situación e esixe que nas escolas e institutos públicos do Porriño sexan instalados este tipo de proteccións, e que nos centros de enseñanza privados sexan obligados tamén a facelo
Non só e unha preocupación a saúde de nenos e nenas, senón que é un posible foco de contaxio e trasmisión comunitaria do Covid19, os centros escolares, (así como as residencias de maiores), son, ou deberían ser, un lugar de atención prioritaria na prevención…semella que non aprendimos nada
Carlos Armada
Voceiro de Máis Porriño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.