Nace Brisa Nova, o novo xornal do BNG de Viveiro

No ano 1899, Antón Vilar Ponte comezaba a escribir en prensa nun semanario republicano chamado Nueva Brisa que fundou xunto con outros mozos de Viveiro. Ese xornal estaba escrito -dicía Antón- en “defensa do proletariado”, sendo das súas primeiras experiencias xornalísticas e políticas na súa vida, o inicio dunha longa traxectoria.

Desde a equipa do BNG e tomando a historia de Antón como base, iniciamos a entrega dun novo xornal que será repartido nos domicilios do concello co fin de facer chegar información fiábel de primeira man, sen maquillaxes nen filtros. Aínda así, non queremos deixar a un lado as novas tecnoloxías que de tanto nos teñen servido, ofrecendo tamén unha versión en PDF do xornal, dispoñíbel desde a nosa páxina web: viveiro.bng.gal

Así pois, despois de ter publicado nos anos noventa o xornal Penedo do Galo, no BNG voltamos con este voceiro que, en homenaxe a Antón Vilar Ponte, levará o nome de Brisa Nova.

Longa vida a Brisa Nova!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.