O 17° Ribeira Sacra Festival 2020 pecha unha edición heróica

O 17° Ribeira Sacra consolídase nesta cuarta edición como un dos poucos festivais que se celebraron este ano a nivel nacional. Esta edición acadou un enorme impacto no territorio e reforza o turismo rural e a imaxe da Ribeira Sacra como espazo seguro. Sen dúbida, a máis ambiciosa en clave de seguridade

17° Ribeira Sacra Festival é unha proposta cultural que un ano máis transcende o musical tendendo pontes entre paisaxe, viño e patrimonio brindando aos seus asistentes o mellor de cada recuncho da Ribeira Sacra.

Esta cuarta edición acadou un enorme impacto no territorio e reforzou o turismo rural e a imaxe da Ribeira Sacra como espazo seguro. Música, viño, gastronomía e patrimonio definen un festival importante como apoio a unha terra candidata a Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2021.

Ao xa asentado modelo sostible de economía circular do 17° Ribeira Sacra Festival que actúa positivamente sobre a contorna local (económico e social) e o medio ambiente, este ano sumouse un escrupuloso protocolo de seguridade e medidas sanitarias, unha labor levada a cabo por un  equipo que nesta edición foi significativamente ampliado, con máis de 70 profesionais en todas as áreas do festival.

Foto: Javier Rosa

350 persoas ao longo dos 3 días gozaron dun festival por cuxos escenarios singulares pasaron artistas como Xoel López, Ele, Guadi Galego, María Yfeu como parte dun coidado cartel conformado por máis de 8 actuacións de artistas galegos con percorrido nacional, pero tamén internacionais, como Cassete Pirata.

gastronomía é outro ano máis unha das grandes protagonistas do festival. Álvaro Villasante do Restaurante Paprica, achegou aos asistentes a fusión perfecta entre producto local e festival. Facendo gozar ao público con petiscos gourmet únicos creados especialmente para o festival con produtos da zona.

17° Ribeira Sacra Festival e I-Radia Crea agradecen ao patrocinador oficial, Cervezas Alhambra. Ás institucións, Xunta de Galicia, Fest Galicia, Deputación de Lugo, Galicia Calidade, Concello de Sober, Concello de Chantada e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Tamén á adega Regina Viarum, Eurostars Pazo de Sober, Via Romana Adegas e Viñedos, Gadis, Pazo de Vilane, Restaurante Paprica… E como non aos artistastraballadorespúblico e medios de comunicación a confianza depositada no festival este ano.

Foto portada: Javier Rosa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.