O atletismo galego regresa as pistas logo de cinco meses

Logo da disputa do Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub16 en Ourense, terían que pasar nada menos que cinco meses de inactividade en pista, para que o atletismo galego volvera ás competicións nunha xornada de control bautizada como ¨Voltamos¨ que estaría marcada polas estritas medidas de suguridade e as enormes gañas e motivación en competir por parte das/os atletas

A aplicación do protocolo de seguridade, levado a cabo de maneira impecable polos membros do
Comité COVID19, obrigaría a extremar as medidas que en todo momento estiveron presentes na
xornada e que foron moi ben aceptadas e seguidas tanto por atletas como polo escaso e previamente
restrinxido público existente. Proba da esixencia destas medidas, foi a activación do Protocolo ante
unha posible sospeita comunicada e que obrigou tanto a atleta, adestrador como demáis membros
do grupo de adestramento a permanecer nos seus domicilios confinados.

Interesantes rexistros

No apartado meramente deportivo, producíronse interesantes rexistros tendo en conta as
circunstancias da tempada. Nas probas de volocidade o atleta do C.A.Santiago Victor Mosteiro,
impúxose tanto nos 100 m. con 11.00 como nos 200 m. con 22.02 sendo na categoría femenina onde
a subcampioa mundial paraolímpica e campioa galega absoluta das distancias, Adi Iglesias do Lucus
Caixa Rural faría o propio con 12.48 e 25.65.

David de la Fuente da Gimnástica domiñou os 800 m. corridos por rúa única con 1:52.88
correspondendo o triunfo na categoría femenina para Angela González con 2:17.10.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.