O Balonmán Xiria regresa hoxe

Os equipos senior de Escolas Balonmán Xiria voltan hoxe aos adestramentos para preparar a tempada 2020-2021. Será unha volta marcada pola crise sanitaria e os deportistas e staff técnico seguirán un estricto protocolo que permitirá volver aos terreos de xogo nun entorno seguro

O Calvo Xiria comezará os adestramentos hoxe ás 21:00 horas no Vila de Noia ao mando de Adrián Dubra. O inicio da 1ª Estatal Masculina está programado para a primeira fin de semana de outubro co que o equipo masculino terá sete semanas de preparación para a mesma.

Pola súa banda, o Goldie Xiria Carballo Turismo comezará os adestramentos hoxe ás 22:00 horas no Pavillón do CEIP Fogar ao mando de Manu López. A 1ª Autonómica Feminina está previsto que comece a fin de semana do 20 de setembro.

Os equipos de categorías base comezarán as pretempadas nas vindeiras semanas, en función da evolución da situación sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.