O Calvo Xiria xa está en marcha

O Calvo Xiria comezou onte os adestramentos da pretempada nun entorno diferente pero coas mesmas ganas de sempre

As máscaras e o distanciamento social foron os protagonistas desta volta aos terreos de xogo nas que unha boa preparación física será fundamental para chegar en boa forma á tempada despois de tantos meses sen actividade.

Co plantel xa pechado, o equipo estará dirixido por Adrián Dubra con Brais Puñal como segundo adestrador. Completan o corpo técnico Manuel Anxo Pardiñas e Pablo Periscal como delegados. A portería segue nas mans de Antonio Mato e Iago Gómez. Na primeira liña están: Gabriel Castiñeiras, Hugo Rodríguez “Chimpo”, Manu Méndez, Juanka Rodríguez, David García, Alejandro Gómez e Cristian Canosa “Fari”. A segunda liña está formada por: Fran Rey, Adrián Losón, Edu Cousillas, Diego Vega, Jorge Bouzas e Ramón Suárez-Pumariega.

O Calvo Xiria comezará a competición a primeira fin de semana de outro na 1ª División Estatal Masculina, Grupo A. Este grupo está formado por un total de 16 equipos dos cales 12 son galegos e 4 canarios.

O obxectivo será seguir medrando como equipo e loitar polos postos altos da competición que outorgan a praza para a fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.