O circo á gorra volve este martes na Praza da Quintana

O Colectivo de Artistas de Rúa da Asociación Circonove arrinca a súa Programación de Gorra nas prazas de Compostela cun cabaré de circo o martes 4 de agosto ás 19:30 na Praza da Quintana

O Colectivo de Artistas de Rúa da Asociación Circonove, volve coa programación de gorra ás prazas de Compostela, e para dar comezo que mellor que presentar o primeiro Cabaré de Verán 2020. Será unha ocasión na que queremos estar todas as artistas, para encontrarnos con todo o noso público, para mirarnos de novo aos ollos e para botar unhas risas detrás das mascarillas.

“Porque as pallasas queremos seguir aportando o noso entusiasmo e sentido do humor nestes momentos tan complicados, axudando a mellorar o benestar da poboación e a saúde social coa nosa arte, dando o mellor de nós mesmas e proporcionando un entorno seguro para que o espectáculo poida continuar…”

Estarán na praza da Quintana ás 19.30h o Martes 4 de Agosto

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.