O Consello de Estado desminte o negacionismo sobre cancro por exposición á sílice que defendían as mineiras de Touro e San Finx

Un dictame do Consello de Estado que vimos de coñecer deixa  en evidencia cómo as mineiras de Touro e San Finx (Francisco Gómez SL e Tungsten San Finx SL, filial de Valoriza Minería), xunto coa Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) tentaron impedir unha modificación da lexislación sobre doenzas profesionais para que esta non incluíse o cancro de pulmón por exposición ao pó de sílice como tal.

En 2017 o Ministerio de Traballo iniciara os trámites para a modificación do “Real Decreto 1299/20061, de 10 de noviembre, por el que se aprueba el cuadro de enfermedades profesionales en el sistema de la Seguridad Social”. Tanto as mineiras de Touro e San Finx, como a Cámara Oficial Mineira e ARIGAL, presentaron unhas mesmas alegacións indicando que a inclusión do cancro de pulmón por exposición ao pó de sílice cristalina como doenza profesional supoñía “imponer a las empresas españolas cargas injustificadas”. As empresas e lobby mineiro pretendían ademáis que, para recoñecer o cancro de pulmón por exposición á sílice, os pacientes deberían ter que padecer previamente silicose, en contra da evidencia científica actual.

O Consello de Estado fai un repaso de como a natureza canceríxena do pó de sílice foi demostrada no plano científico polos estudos da Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC), o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) e a Administración de Saúde e Seguridade Ocupacional (OSHA) dos Estados Unidos,pola normativa doutros estados da Unión Europea e agora tamén pola propia Unión, na recentemente aprobada Directiva (UE) 2019/130 do Parlamento Europeo e do Consello, de 16 de xaneirode 2019.

Segundo o Consello de Estado: “Existe, pues, un amplio consenso en la comunidad científica acerca de la naturaleza cancerígena del polvo de sílice libre, que ha promovido una pluralidad de reformas legales tendentes a proporcionar una protección eficaz a los trabajadores que por su labor están expuestos a su inhalación. En España, persigue este objetivo el Real Decreto proyectado, que en su versión definitiva no ha acogido ninguna de las observaciones formuladas en los trámites de consulta pública y de audiencia e información pública”.

Para os colectivos galegos preocupados coa minería, este caso supón outra evidencia máis de como o lobby e empresas mineiras non só non lles parece preocupar a saúde da poboación e a protección do ambiente, causando impactos graves por contaminación con metáis pesados (como nos casos de Touro e San Finx) se non que tampouco a saúde dos traballadores e traballadoras, apoiándose novamente en posturas anticientíficas para desprotexer aos persoal empregado expostos a axentes canceríxenos. E isto a pesar de que entidades como a Cámara Oficial Mineira reciben millóns de euros da Xunta de Galicia para programas como os de prevención das doenzas profesionais relacionadas coa exposición ao pó de sílice convocatoria tras convocatoria. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN317A&ano=2019&numpub=1)

(1)Referencia: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=CE-D-2018-198

“Y un conjunto de empresas y agrupaciones empresariales -singularmente, la Agrupación de Fabricantes de Cemento de España (OFICEMEN), Francisco Gómez y CÍA, S. L., Canteras del Arenal, S. L., Canteras de Richinol, S. L., Tungsten San Finx, S. L. U., la Confederación Española de Asociaciones de Fabricantes de Productos de Construcción (CEPCO), la Asociación para el Desarrollo de la Sílice y Productos Derivados (IBERSIL), la Confederación Española de Industrias Extractivas de Rocas y Minerales Industriales (COMINROC), la Federación de Áridos (FdA), la Asociación Galega de Áridos (ARIGAL), la Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos (ANEFA) y la Cámara Oficial Minera de Galicia- que coincidieron en resaltar que debía especificarse el tamaño y la forma cristalográfica del polvo de sílice libre, sustituyendo la genérica expresión empleada en la versión inicial de la norma proyectada por la más concreta “sílice cristalina, en forma de cuarzo y cristobalita, fracción respirable”

 

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.