O coronavirus marca as pautas na Terra Chá. Por Gonzalo Soto

Hoxe coma todos os mércores foi un día de feira en Castro de Ribeiras de Lea – Castro de Rei – o seu protagonista: o medo. O grande circundo que rodea a emblemática carballeira onde se colocan os postos ambulantes, hoxe eran contados e sen xente para mercar. As polbeiras, cos seus caldeiros ao lume, non faltaron, non, mais sen o aforo de xente que tradicionalmente acude a degustar este manxar, acariñados pola sombra daqueles carballos centenarios.

Os comentarios das xentes e achegados desta vila son prolíficos, non se fala máis cá disto. Hai versións para todos os gustos, feito que reflicte a preocupación da veciñanza. A versión na que coincide a maioría é a das condicións na que viven estes traballadores, ateigados en inmobles que non se adaptan ás condicións mínimas de habitabilidade e salubridade que esixe a vixente lexislación en materia de vivenda. Isto é o que se comenta a nivel de rúa. Por iso, 21NOTICIAS quere coñecer a verdade desta cuestión, para poder informar con obxectividade e seriedade sobre elo e, que de confirmarse pode ser un dos factores causantes destes contaxios, feito que resultaría extremadamente grave e se deberán depurar responsabilidades a quen proceda.

A primeira versión que ofrece o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) referida ao primeiro contaxiado polo Covid-19 foi que “ … que trabajaba en los invernaderos del núcleo de O Arneiro en el municipio vecino de Cospeito, pero que vive de manera temporal junto a otros compañeros en un establecimiento hostelero de Castro “. Esta versión, según puidemos  comprobar dende este medio, non se axusta á realidade, xa que a residencia onde viven temporalmente estes traballadores non se trata de ningún establecemento hosteleiro, declarado e xestionado como tal, feito polo que en consideración á veracidade informativa que debe presidir en calquera caso e máxime no de esta gravidade no que levan perdido a vida e a saúde milleiros de persoas, esixe unha aclaración.

Para dar luz e aclarar este tipo de feitos que consideramos de especial relevancia, no día de hoxe, 21NOTICIAS, solicitou a información pertinente ao alcalde de Castro de Rei, señor Balado, petición que atendeu amablemente, pospoñendo para mañá xoves a resposta do interesado, que se concreta nas seguintes preguntas das que daremos cumprida información:

1) Fixérone ou estanse a facer os PCR a todos os traballadores e traballadoras, así como ás persoas que tiveron contacto cos afectados, e protocolo que se segue?

2 )Saber en  que condicións se atopan os traballadores e traballadoras que están en réxime de illamento e as medidas de prevención adoptadas.

3) Aclarar igualmente o réxime en que viven estes traballadores e traballadoras, xa que a información suministrada polo SERGAS non se axusta á realidade, tal como informou este medio.

4) Se os inmobles onde residen todos e cada un dos devanditos traballadores/as en Castro de Ribeiras de Lea, adaptados ao efecto, a xuizo dese concello reúnen as condicións de habitabilidade  e salubridade en relación ao número de persoas que habitan en cada un deles, e se asimesmo contan coas preceptivas licenzas, permisos municipais para a uilización e uso actual?

5) Interésanos saber igualmente se o goberno municipal exerce algún control e fiscalización sobre as condicións de habitabilidade e salubridade  destes inmobles, así como do número de persoas que residen en cada caso.

Dende 21NOTICIAS entendemos que a aclaración destas preguntas despexarán moitas dúbidas e  contribuirán á tranquilidade da poboación afectada, ao tempo que expresamos a nosa testemuña de solidaridade e cariño con todos os traballadores enfermos e o desexo da súa pronta recuperación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.