O mércores comeza a XXVI edición de Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 5 e 9 de agosto, a XXVI edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:30 horas

Paralelamente á feira, o Concello organiza numerosos espectáculos e actividades gratuítas. En todos os casos o aforo estará controlado, será obrigatorio gardar a distancia de seguridade e o uso de máscara para maiores de 6 anos, así como cumprir as normas e respectar as indicacións da organización.

No caso das proxeccións cinematográficas e dos espectáculos infantís, as invitacións recolleranse desde unha hora antes do comezo do espectáculo no posto municipal situado no centro do Parque Luis Seoane.

Para os concertos da praza de Esther Pita, as invitacións reservaranse telefonicamente no 981 610 000, en horario de 15:00 a 19:30 horas. As entradas para o concerto de SES a partir do luns 3 de agosto e para o O Blues do País e o Sindicato da Verbena a partir do mércores 5 de agosto.

O acto de inauguración desta nova edición de Alfaroleiros terá lugar o vindeiro mércores día 5, ás 12:30 horas, no parque Luis Seoane.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.