O programa Muller Tui impartirá nove obradoiros en agosto e setembro

Está aberto xa o prazo de inscrición para os dous primeiros

Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade “Muller Tui”.

Serán un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar  a súa participación social e laboral:

A primeira das actividades terá lugar o próximo martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h co título de “Obradoiro de autocoñecemento”. Correrá a cargo da psicóloga experta en igualdade Mónica Novás. As prazas son limitadas polo é preciso inscrición previa no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e  687 227 190.

Xa o venres 14 impartirase o taller “Autocoidado e  Empoderamento”.

As mulleres interesadas poden inscribirse nestes obradoiros no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e  687 227 190.

O calendario previsto de obradoiros é o seguinte:

  • Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento
  • Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento
  • Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade
  • Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro “A actitude Multiplica”
  • Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero
  • Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento
  • Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego
  • Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego
  • Venres 25 e martes 29  de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

Cómpre lembrar que o programa “Muller Tui” está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.