Obras nos camiños rurais de Arbo

Concello de Arbo contrata as obras de “Acceso Couto a  As Laxas”,  tras resolución de concesión de Subvención da Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020

Á vista do expediente que se tramitou ante a Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020 para “Acceso Couto – As Laxas”, cun orzamento total de 38.102,90 €.- (IVE do 21% incluido) o Concello de Arbo, recibia da Consellería de Medio Rural comunicación da concesión de subvención o pasado 16 de xullo para a mellora do Camiño de As Laxas. Mellorar as infraestruturas de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxectivo de favorecer as condicións de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuír a evitar a  despoboación e fomentar a actividade económica.

Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

O obxecto do presente proxecto é a ampliación do citado viario, de titularidade municipal, así como a mellorado trazado e da drenaxe da vía.

A Roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Execución de  muros de cachotería, realización de cunetas  formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente  e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.

Según indicou o alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil e responsable da área de obras, esta actuación está enmarcada dentro do plan do seu gobernó de inversión e mellora de camiños municipais.

Horacio Gil, insistiu en que “estas obras de mellora supoñen unha continuación das infraestructuras rurais que o Concello  de Arbo, ven realizando nos últimos anos, e que suman máis de 350 obras de melloras e mantenemento. As inversión realizadas no camino “As Laxas – Couto”, permitirán a mellora no camino de acceso a estes barrios e que comenzaron o ano pasado” dixo o rexedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.