Open Arms retoma as súas actividades no Mediterráneo

O Concello de Oleiros colaborou con 10.000,00€ para financiar as reparacións do buque insignia de Open Arms para o desenvolvemento de tarefas de cooperación internacional no Mediterráneo

O Astral, o buque medicalizado de Open Armars, partiu da súa base en Badalona, onde se someteu a unha reparación do motor e varios danos sufridos durante as súas travesías; cara o Mediterráneo central onde realizará unha misión de observación e vixilancia durante as próximas semanas.

Open Arms retoma a actividade humanitaria no mar tras varios meses de confinamento e reparacións. Durante os primeiros meses da pandemia o buque Astral monitorizaba as chegadas de persoas emigrantes ás Illas Canarias mais a cauda da pandemia COVID-19 quedou confinado en Fuerteventura até poder regresar cara o porto base de Badalona.

A situación de extrema vulnerabilidade que sofren as persoas que foxen do inferno de Libia, en precarias embarcacións no mediterráneo central, agravouse nos últimos meses debido á consolidación de acordos inhumanos entre Italia, Malta e o goberno de Trípoli que as abandonan en augas internacionais incumprindo tratados internacionais e leis marítimas de protección da vida humana na contorna marítima.

O Concello de Oleiros seguirá cooperando coas iniciativas que teñan como pedra angular a protección dos colectivos máis vulnerables tal e como fai Open Arms no Mediterráneo.

Foto: Open Arms

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.