Os escenarios do 34 Noroeste Estrella Galicia, dedicados a Nonito Pereira e Jaime Manso

As actuacións estarán repartidas simultáneamente nos dous escenarios ubicados en María Pita e no Parque de Santa Margarida

Esta 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia contará con dous escenarios: un deles na praza de María Pita e outro no parque de Santa Margarida. A elección do nome de ambos é en honor de dúas importantes figuras da música coruñesa que nos deixaron recentemente. O primeiro deles leva o do periodista e promotor musical Nonito Pereira; o segundo trátase do escenario Jaime Manso, propietario da histórica tenda Discos Portobello.

O Concello da Coruña quixo recoñecer e homenaxear así a dúas persoas moi queridas e lembradas na cidade pola súa achega, precisamente, ao mundo da música.

No deseño gráfico desta edición incluense as facianas de ambos os dous persoeiros vencellándoas a candanseu escenario. Trátase de obras da ilustradora Ene Irimia.

Nonito Pereira: 

Dende que arrancou a súa carreira coma disc-jockey no Playa Club da Coruña a mediados dos 60, Nonito Pereira foi evolucionando nunha figura tremendamente polifacética. Promotor, xornalista, pinchadiscos, produtor, presentador e comentarista en radio e televisión, deixou unha pegada eterna na música galega e máis en concreto no Festival Noroeste Estrella Galicia formando parte do seu equipo en non poucas edicións.

Jaime Manso: 

Despois de pasar unha tempada traballando en Londres nos anos 70, chegou a Galicia cheo de vivencias e contactos. Montou na Coruña a tenda Discos Portobello en 1980 na rúa Cega. O establecemento posicionouse axiña como unha referencia e un punto de encontro para conversar e coñecer novas tendencias entre as persoas amantes da música na cidade e comarca. Coa súa profesionalidade e afabilidade, Jaime Manso gañou o seu lugar na memoria musical e social da cidade.

PROGRAMACIÓN:

Venres 7 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

20.00 horas – Cloaca

22.30 horas – Triángulo de Amor Bizarro

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

20.00 horas – Laura LaMontagne & PicoAmperio

22.30 horas – DL Blando

Sábado 8 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

13:30 horas – Sara Sístole

20.00 horas – Pardo

22.30 horas – Víctor Coyote

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

12.30 horas – Viveiro Lydia Botana

20.00 horas – Allova

22.30 horas – Moura e a Irmandade Ártabra

Domingo 9 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

12:30 horas – Zeltia e Irevire

20.00 horas – The Bo Derek’s

22.30 horas – Viúda Gómez e Hijos

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

12.30 horas – Viveiro Javier Becerra e Carolina Rubirosa

20.00 horas – Bush Doctors

22.30 horas – Ataque Escampe

Límite de aforo

Os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un  máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente.

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible na web do festival (www.festivalnoroeste.com) e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como para ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.

Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.

Protocolo COVID

As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo. Logo de cada un dos concertos, os espazos baleiranse para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. Nos accesos haberá xel hidroalcólico. Os asistentes aos espectáculos teñen que levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de levala).

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade, sinalética nos accesos e asentos separados entre si 1,5 mts. para respectar a distancia social. Un equipo de acomodación situará ao público nas localidades. As distancias entre cadeiras non poderán modificarse a excepción daquelas persoas que precisen estar acompañadas por un motivo xustificado como a mobilidade reducida (haberá espazo reservado para elas).

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.