Os socialistas de Monterroso reclaman que se consensúe a apertura do curso escolar na vila

 Rafael García dixo hoxe que defenderá unha iniciativa no vindeiro pleno coa que reclama que se consensúe a apertura do curso escolar na vila. García avanzou que mantivo conversas con representantes da ANPA  de Monterroso, tanto do Colexio e do Instituto, na que trasladou a moción coa que demanda que “se inicie de forma inmediata reunións cos representantes do profesorado e das familias do alumnado para acadar un documento consensuado que permita afrontar o desenvolvemento do curso 2020-2021 coas máximas garantías posibles”.

Na proposta tamén reclama que “se se dote aos centros do profesorado e persoal suficiente para garantir unha actividade educativa correcta en calquera dos escenarios posibles que se poidan dar ao longo do próximo curso. Establecer unha reunión urxente coa Fegamp para valorar todos os recursos necesarios para o normal desenvolvemento do curso escolar, así como xerar unha dinámica de colaboración estable para este cometido mentres dure esta situación extraordinaria.

A moción tamén inclúe reclamar os “fondos extraordinarios necesarios e que se tramiten as modificacións orzamentarias pertinentes para que os incrementos de custes que deben asumir centros, ANPAS e concellos como consecuencia das medidas que se dispoñan nese novo protocolo sexan asumidos polo goberno de Xunta de Galicia”. Nesta liña solicitase que os fondos extraordinarios do Goberno de España destinados a educación se negocien de maneira transparente con todos os sectores implicados. E que se garanta o funcionamento de comedores e transportes escolares, cando menos, nos mesmos termos nos que o servizo daría cobertura en situacións normais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.