Para cando un Plan da Xunta para conectar as parroquias do rural e o Polígono Industrial á fibra óptica?. Por Míriam Bermúdez

Mentres as empresas do incomunicado Polígono de Landrove sofren as consecuencias da fenda dixital en pleno século XXI, as empresas dos polígonos colindantes de Mondoñedo, As Pontes, Lourenzá e Ribadeo dispoñen de servizos de internet a través de fibra óptica porque estes polígonos foron beneficiarios do Plan de banda larga da Xunta, financiado nun 75% de fondos europeos FEDER

Está claro que contar cunha cobertura de fibra óptica convertiuse nun servizo imprescindíbel na actualidade, cousa que se fixo aínda máis evidente durante estes meses da crise sanitaria da Covid-19. Máis alá do uso persoal, a nosa veciñanza precisa hoxe en día, máis que nunca, contar cunha conexión de velocidade digna coa que poder teleducar, teletraballar, interrelacionarse coas administracións e poder realizar os seus trámites administrativos través das sedes electrónicas das mesmas. Así mesmo, no plano empresarial e económico é un factor clave para que as empresas podan desenvolver a súa actividade económica en condicións óptimas, máxime cando falamos de zonas de carácter rural. Pero esta problemática non parece estar na axenda política do goberno de María Loureiro porque nada se sabe que fixeran para impulsar a conectividade de redes ultrarrápidas nestas zonas de Viveiro para así correxir a fenda dixital que están a padecer moitas veciñxs e empresarixs de Viveiro. Desde o BNG imos esixirlle á Xunta a inclusión de Viveiro no Plan de Banda Ancha de Galicia 2020 e ao Goberno Municipal que traballe de cara a incluír a Viveiro na convocatoria 2020 do Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración 2020-2022 do Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital, que conta con 150 millóns de euros para o despliegue de redes ultra rápidas nas zonas rurais e con menos población.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.