Rematada a primeira fase dos traballos de estabilización dos noiros da praia de Razo

Mañá reporase a varanda de madeira para garantir a seguridade na pista que discorre paralela á praia e que no treito afectado seguirá reservada ao tráfico peonil

A empresa pública Tragsa ten previsto rematar mañá, coa reposición da varanda de protección na pista que discorre paralela á costa, as obras de consolidación dos noiros da praia de Razo no treito da zona da Cabreira no que se produciron importantes desprendementos pouco antes do verán. Ata alí achegouse hoxe o responsable da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, que supervisou os traballos acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

A partir de mañá volverá a quedar aberto ao tránsito peonil o treito de vía afectado polos desprendementos, pero non se permitirá o tráfico rodado, agás para vehículos de emerxencias, debido á fraxilidade do solo nese ámbito.

A intervención que está a realizar a Demarcación de Costas de Galicia supón a primeira fase dun proxecto moito máis amplo, co que pretende abordar a necesaria protección ambiental do borde litoral de Razo. Nese sentido, o organismo estatal pretende continuar co tratamento e a estabilización dos noiros, eliminar o tráfico rodado na vía paralela á praia abrindo unha alternativa e reordenar tanto os accesos como os tráficos e os aparcamentos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.