Ría da Estrela impulsa unha viaxe de prensa para profesionais do ámbito da comunicación turística e de viaxes

Co obxectivo de incentivar o coñecemento do potencial turístico e do patrimonio industrial co que conta a ría de Muros Noia, a Ría da Estrela impulsa hoxe unha viaxe de prensa para profesionais do ámbito da comunicación turística e de viaxes. En total unha ducia de xornalistas e blogueiros galegos navegarán pola ría a bordo do Joaquin Vieta para promover o raid de turismo industrial impulsado pola Ría da Estrela como un dos produtos turísticos máis atractivos para coñecer a natureza, paisaxe e patrimonio da ría, ao tempo que se lles darán a coñecer o resto dos atractivos e produtos turísticos deste xeodestino.

Seguindo o percorrido que ao longo destas fines de semana fai o balandro, os participantes do press trip poderán afondar no seu coñecemento da ría mellor conservada e do seu patrimonio industrial. Non en vano, hai un século a Ría de Muros Noia albergaba unha das maiores concentracións fabriles da península: fábricas de salazón, conserveiras e carpintarías de Ribeira, unha actividade que carácter tradicional e familiar hoxe considerada Ben de Interese Cultural na que traballaron os máis importantes carpinteros e constructores de barcos de madeira de Galicia.

Todos eles caeron no abandono e agora forman parte dos máxicos paisaxes desta ría xunto aos portos de Portosin e Muros e as bateas que salpican a ría, que tamén é primeira potencia mundial na produción do berberecho.

Unha oferta diversificada

Ademais de facer a travesía e disfrutar dunha comida a bordo do balandro máis antigo en funcionamento de Galicia, os comunicadores afondarán nos diferentes atractivos e paquetes turísticos que se comercializan na Ría da Estrela, con especial fincapé no Raid de Turismo Industrial conformado por un coxunto de percorridos pola costa e o interior da ría que se poden facer a pé, en bicicleta, en coche ou, como os participantes nesta viaxe de prensa, en barco.

Este último, o raid náutico componse, á súa vez, por tres itinerarios que permiten percorrer o Estuario do Río Tambre,  a zona dos  “lombos” marisqueiros e a zona onde a ría abre ao Atlántico.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *