Rianxo en Común: «O goberno municipal (BNG-PSOE) non afrontan os problemas da veciñanza»

 COMUNICADO|
Vimos dicindo dende fai semanas que urxe aprobar un proxecto de Orzamento para facerlle fronte ás consecuencias da crise do coronavirus e para a recuperación da nosa pequena e mediana economía. 

O pacto de Goberno BNG-PSOE, a pesar de contar con maioría e do aumento de dedicacións, non se traduciu nunha maior capacidade para sacar a diante o traballo ordinario nin para afrontar os problemas da veciñanza. Hai que poñer o Concello a funcionar, e para iso Rianxo en Común fai un chamamento a que o Goberno rectifique a súa decisión de renunciar a presentar un Orzamento para este 2020 e ofrece o seu apoio para sacar adiante unhas contas que se axusten á realidade que estamos vivindo.
AUMENTAR O INVESTIMENTO NAS PARROQUIAS. 
Cómpre poñer fin a moitos anos de esuqecemento das nosas aldeas. Apoiaremos unhas contas municipais que contemplen un acordo vinculante co obxectivo da necesaria:
  • Rexeneración e mellora dos camiños e pistas de titularidade municipal. Estas actuacións deben ter continuidade elaboración dun plan de actuación na rede viaria que planifique a execución de actuacións preventivas e de reparación con fondos propios, aforrando a medio e longo prazo en grandes actuacións futuras.
  • Unha mellora do sistema de recollida do lixo que pase pola regularización do contrato dito servizo, así como pola substitución dos colectores estropeados e un aumento dos colectores destinados a reciclaxe.
  • Impulsar unha liña de axudas para que os propietarios de fincas cultivadas poidan incorporar dispositivos e medidas de prevención contra os ataques do xabaril.
INMEDIATA POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE AXUDAS DIRECTAS A AUTÓNOMOS E PEMES.
Como vimos defendendo nos últimos meses, é fundamental que o Concello movilice recursos para dotar de liquidez ás empresas e autónomos do municipio, para que estes conten coas mesmas posibilidades que os autónomos e Pemes de multitude de municipio galegos nos que se puxeron en funcionamento liñas de axudas como as que propoñemos.
Propoñemos a mobilización do remante de tesourería para a creación dunha liña de axudas da seguinte maneira:
  • 950€ para os afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 do 17 de marzo.
  • 500€ para aqueles que non se viron afectados polo peche de establecementos, pero que acrediten unha reducción da facturación do 75%.
  • Incrementar estas contías en 300€ no caso de ter un mínimo de 4 traballadores, e 150€ no caso de ter un mínimo de 6 traballadores.
APOIO ÁS FAMILIAS DE RIANXO.
Posta en funcionamento das actuacións acordadas en Xunta de Portavoces.
  •  Axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio, no curso escolar 2020-2021.
  • Sistema municipal de bonos para facilitar a  conciliación para familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.