Rocío Seijas presenta ao conselleiro de Cultura e Turismo o proxecto para a creación do Museo de Monterroso albergando un Centro de Interpretación da Feira e o Museo Carlos Méndez

O goberno local de Monterroso recibiu este martes a visita institucional do conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, ao Concello de Monterroso durante a que coñeceu o proxecto para a creación do Museo de Monterroso -Centro de Interpretación e Museo Carlos Méndez-. Estiveron presentes na visita que o conselleiro realizou membros do equipo de goberno, o presidente e o vicepresidente do Instituto de Estudos Ulloáns, así como a historiadora e artífice do proxecto María José Alvite.

O goberno local solicitou durante a visita a colaboración da consellería para o financiamento da creación e posta en funcionamento do Museo de Monterroso que albergaría a exposición e posta en valor das pezas doadas polo párroco D. Carlos Méndez, así como un centro de interpretación da Feira. Ambos están intimamente relacionados pois moitas pezas do museo non existirían sen a presenza do evento socialcomercial con máis de 800 anos de antigüedade; evento que influiu na vida económica, cultural e social da Comarca da Ulloa, de toda Galicia, pero tamén no ambiente comercial do resto da Península.

Rocío Seijas. “É unha forte aposta do goberno municipal pola posta en valor da cultura e das tradicións monterrosinas que emana do diálogo e da colaboración entre Xunta de Galicia, D. Carlos Méndez, IEU e o equipo de goberno”.

Eloi Pérez, sinala que “o proxecto, que se desenvolvería en varias fases, permitirá que Monterroso conte co primeiro centro de interpretación de Galicia que tería como temática única a dunha feira, poñendo en valor este evento social comercial, así como as pezas que integran o Museo de Don Carlos Méndez”

Camiño Santo, itinerario cultural

O goberno local trasladou tamén o seu interese por poñer en valor o Camiño Santo, unha das rutas xacobeas que pasan polo municipio de Monterroso. Así, interesáronse por declarar o Camiño Santo como itinerario cultural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.