Rouban a rede da pista polideportiva de Iñás (Concello de Oleiros)

Un usuario da pista polideportiva reparou en que a rede lateral da pista polideportiva, a carón da Casa do Pobo de Iñás, foi cortada e roubada no día de onte. A rede foi cortada do chan a metro e medio aproximadamente e ao longo da pista. Informouse á Policía Local do feito para que fixeran informe.
Desde o Concello de Oleiros solicitamos colaboración cidadá para que estes actos vandálicos non se volvan a repetir. Os servizos públicos municipais son para ocio da veciñanza de Oleiros e visitantes, coidarmos deles é responsabilidade de todos e todas.