Santiago aproba as bases das subvencións para o deporte federado

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondente ao exercicio 2020. Tamén se deu o visto bo ás renovacións e novas autorizacións das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo e adxudicáronse as obras de acondicionamento interior do xacemento do Castelo da Rocha Forte

O Departamento de Deportes destina 275.000 euros a esta nova convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado. As bases serán publicadas en breve e abrirase así o período de solicitude destas axudas, que teñen como obxectivo financiar, en parte, os gastos derivados da participación de clubs nas competicións deportivas oficiais das federacións autonómicas e nacionais.

Tal como explican dende o Departamento de Deportes, o retraso na presente convocatoria é debido á situación creada pola Covid-19 e ao grao de incertidume creado no deporte de competición, á espera de coñecer as intencións das federacións deportivas e a evolución do panorama sanitario. Malia persistir as dúbidas, explican, visto que parte das federacións autonómicas están a fixar calendarios para a temporada 2020-2021, decidiuse manter as bases da convocatoria en termos semellantes a outros anos, incrementando os conceptos de gasto para facilitar a concorrencia e posterior xustificación.

Tamén en materia deportiva, aprobouse a autorización de cesión provisional do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e do campo de adestramento de San Lázaro II a favor da S.D. Compostela para a temporada 2020/21, na que o conxunto santiagués competirá en Segunda División B.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.