Sinatura do contrato para a prestación do servizo de atención temperá nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

A firma levárona a cabo o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, e o presidente de ASPADEX (Asociación de Padres de niños deficientes psíquicos de la Comarca del Xallas), Evaristo Lema Antelo.

ASPADEX será a entidade encargada de prestar este servizo, que estará integrado por tres profesionais: psicopedagogo/a, terapeuta ocupacional e logopeda.

O servizo centralizarase en dous centros: un situado no Ézaro (Dumbría) e outro situado en Vimianzo.

Este servizo está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O servizo botará a andar nas vindeiras semanas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.