Tres sesións de ‘Cine na Rúa’ en Arbo

Continua a programación de verán no Concello de Arbo con tres sesións de cine. Superlópez, Avengers e Jumanji as tres películas escollidas polo Concello para o Cine na Rúa 2020

Os días 9, 11 e 16 de agosto na Praza Consistorio e cun protocolo con medidas de seguridade e hixiene acordes cos tempos que estamos a vivir.

Dentro das actividades que o Concello de Arbo, organiza este ano dentro do verán cultural adicados a veciñanza e os visitantes e que non supoñen risco de aglomeracións e onde é obrigatorio estar sentados e manter a distancia de seguridade, e o cine, polo que renunciando a un verán cultural como en anos anteriores onde o cartel anunciaba actividades diversas e para todos os públicos, este ano o cine prevalece.

O días 9 de agosto ás 22:30 horas arranca a programación con Superlópez, o día 11 de agosto a mesma hora poderemos desfrutar de Avengers e para remate do verán Jumanji pechará unha festividade de San Roque onde non se poderá gozar da famosa comida popular na Carballeira de Turbela.

“Dende o Concello se creou un protocolo para poder levar acabo esta actividade, onde voluntarios e voluntarias do Grupo de Acción Voluntaria do Concello de Arbo, controlarán as entradas e as saídas e serán os encargados de velar polo cumprimento estrico das normas. Entre as normas protocolarias establecidas polo Concello de Arbo, están a obrigatoriedade de asistir con media hora de antelación para aplicar as medidas de seguridade e protocolo”, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. As Prazas son  limitadas ata cumprir aforo, os nen@s sempre estarán acompañados por un adulto e deberase ocupar a cadeira asignada e non se poderá cambiar de lugar remata o rexedor de Arbo.

En todo momento, os asistentes ao acto deberán cumprir as recomendacións dos voluntarios que forman parte da organización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.