Triángulo de Amor Bizarro en Boiro e Carlos Blanco en Rianxo fan chegar ao seu ecuador ó Paisaxes Sonoras

As citas son o sábado 22 na Praia de Pesqueira en Boiro, no caso de Triángulo de Amor Bizarro e o domingo 23 no Pazo do Rianxiño en Rianxo, no caso de Carlos Blanco

Tralo adiamento ao domingo da actuación de Carlos Blanco, esta fin de semana convertese no eixo central do ciclo Paisaxes Sonoras, na percura da posta en valor a riqueza da contorna e buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo.

A cita dobre dará comezo o sábado con Triángulo de Amor Bizarro, que interpretarán os temas do seu disco homónimo a partires das 20 h a carón da Praia Pesqueira en Cabo de Cruz (Boiro). As entradas están esgotadas e o recinto contará cun reforzo no control externo para evitar aglomeracións dada a alta expectación que xerou o concerto, que esgotou as entradas en tan só 30 minutos.

O domingo, chegará o turno de Carlos Blanco co seu espectáculo ‘Os mellores monólogos’ . Tamén coas entradas esgotadas, a cita é as 20 h no Pazo de Rianxiño .

Boiro: A praia de Pesqueira

O enclave escollido nesta ocasión, representa a Boiro en estado puro: a praia da Pesqueira atópase na pequena vila mariñeira de Cabo de Cruz. No seu porto conviven pasado e presente, desde o novo porto pesqueiro ao peirao vello, un dos máis antigos da ría que atesourou embarcacións que repasan a historia mariñeira de Galicia, como son as lanchas xeiteiras, as dornas de tope, os balandros, as traíñas ou as gamelas, entre outras. O castro de Achadizo, que está a uns metros do peirao, é a lembranza viva de que o pasado de Cabo de Cruz, sempre mirou ao mar.

Rianxo: O hórreo do Pazo Rianxiño

Carlos Blanco actuará baixo a sombra do  ‘Hórreo de Rianxo’. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus casi 25 metros de longo, tardou casi 10 anos en ser construido. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.