Triángulo de Amor Bizarro pecha ‘Paisaxes Sonoras’

Cos eles, complétanse as catro citas do ciclo durante o mes de agosto: The Soul Brothers este sábado 8 en Punta Cabío (A Pobra do Caramiñal), Carlos Blanco o día 15 no Pazo Rianxiño (Rianxo) e Guadi Galego o 29 na antiga Fábrica de Salazón de Castiñeiras (Ribeira), todos eles coas entradas esgotadas

As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. Así mesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuir ó fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial.

Boiro: A praia de Pesqueira

O enclave escollido nesta ocasión, representa a Boiro en estado puro: a praia da Pesqueira atópase na pequena vila mariñeira de Cabo de Cruz. No seu porto conviven pasado e presente, desde o novo porto pesqueiro ao peirao vello, un dos máis antigos da ría que atesourou embarcacións que repasan a historia mariñeira de Galicia, como son as lanchas xeiteiras, as dornas de tope, os balandros, as traíñas ou as gamelas, entre outras. O castro de Achadizo, que está a uns metros do peirao, é a lembranza viva de que o pasado de Cabo de Cruz, sempre mirou ao mar.

Habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituido por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respeto á integridade das localizacións escollidas. Trátase de vivir unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística.

A banda: Triángulo de Amor Bizarro

Ao longo de 13 anos de traxectoria, Triángulo de Amor Bizarro, foi colleitando éxito tras éxito. Conseguiron superarse en cada publicación discográfica, gañando os recoñecementos unánime de público e crítica, acadando con  ‘Salve Discordia’ a súa consolidación definitiva no panorama musical mundial.

Cando parecían non poder superarse, chega ‘Ruptura’ o primeiro adianto do seu novo traballo discográfico homónimo, lanzado en pleno confinamento e superando todas as expectativas, creando cancións que están chamadas a ser himnos interxeracionais.

Despois de levar a súa música por escenarios de medio mundo, os de Abanqueiro recalan na súa casa para presentarnos o seu personal e potente directo.

O inicio do ciclo: este sábado

O vindeiro sábado día 8 o ciclo da comezo en Punta Cabío na A Pobra do Caramiñal con The Soul Brothers (Julián Maeso e Juan Zelada) que contarán con un invitado sorpresa.

A apertura de portas farase ás 19 h e o concerto dará comezo ás 20 h. As entradas xa están esgotadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.