Un único médico en Santa Cruz atende todas as incidencias que se presentan no municipio

O goberno do Concello de Oleiros denuncia a falta de persoal médico nos Centro de Saúde de Oleiros

No día de hoxe, pola mañá, dos catro médicos do cadro de persoal que terían que pasar consulta no Centro de Saúde de Santa Cruz, unicamente está un atendendo a todas as incidencias que se presentan. Isto vén motivado pola recente xubilación de dous dos profesionais e a baixa por ILT de outro.

Durante a época estival a poboación en Oleiros triplícase por mor da estadías vacacionais. O Centro de Saúde de Santa Cruz ten un único pediatra para unha poboación de máis de 10.000 habitantes e o Centro de Saúde de Mera, carece deste servizo de pediatría, a pesar de ter unha influencia poboacional que abrangue toda a zona norte do municipio.

O PAC de Santa Cruz é o único que presta atención de forma continuada e só dispón dun único médico para o atendemento de forma presencial, as visitas a domicilios e consultas telefónicas para unha poboación de máis de 40.000 habitantes.

O Goberno do Concello de Oleiros solicita á Xunta de Galicia que resolva esta situación de inmediato. Dadas as circunstancias actuais é gravísimo o que está acontecer a respecto do atendemento aos pacientes xa que estes profesionais deben prestar atención ao seu cupo, aos desprazados, os seguimentos do Covid e ás posibles derivación dos cupos urxencias da tarde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.