Vilalba mantén as Festas do San Ramón cun novo formato e cos protocolos de seguridade e saúde necesarios polo coronavirus

María Reimóndez será a pregoeira e Ses actuará na vila o 31 de agosto

O Concello de Vilalba decidiu manter as Festas do San Ramón, aínda que nesta ocasión serán cun formato diferente e coa adopción de todos os protocolos e recomendacións de seguridade e saúde necesarias polo coronavirus.

As festas comezarán o 29 de agosto e está prevista tamén a celebración da feira mensual o día 6 de setembro. A pregoeira será María Reimóndez e o día 31 de agosto está programado un concerto de Ses. Nas próximas datas, o concello publicará a programación completa.

O Concello de Vilalba decidiu suspender a xira campestre celebrada nas primeiras datas do San Ramón, por non poder garantir as condicións óptimas para a súa celebración. Como todos os anos, mantense o certame literario e o concello suprime a figura da raíña e damas das festas.

Polo demais, as festas de San Ramón e Santa Maria celebraranse con pequenos concertos de aforo limitado en distintos puntos de Vilalba, con espectáculos itinerantes para evitar aglomeracións e respectando as medidas de seguridade indicadas na normativa sanitaria. Haberá actividades para todos os públicos.

“Son moitos os grupos que non fan xira este ano, pero quixemos buscar alternativas para poder manter as festas noutro formato, sen ningún risco de contaxio e con indicacións moi estritas”, afirma a alcaldesa, Elba Veleiro.

A pregoeira, Maria Reimóndez, é unha das escritoras e poetas máis destacadas do panorama da literatura galega actual. É tamén autora de teatro e libros infantís. Entre outros premios e galardóns, gañou o Xerais de Novela por ‘Desde o Conflito’ (2014).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.