Vilalba reforza a plantilla da Policía Local con catro novos auxiliares e contará con quince axentes neste mes de agosto

O Concello de Vilalba reforza a plantilla da Policía Local con catro novos auxiliares, consciente das necesidades existentes pala tempada de verán e o actual contexto da crise de coronavirus

Con estas catro novas incorporacións, que estarán nun principio durante catro meses no concello, a Policía Local de Vilalba contará con 15 efectivos este mes de agosto, unhas semanas de moito movemento polas vacacións e pola necesidade de cumprir todos os protocolos e recomendacións sanitarias.

“Contar con máis axentes de Policía da unha maior seguridade á veciñanza e permítenos cubrir as necesidades durante o verán”, afirma Marta Rouco, concelleira de Réxime Interno.

O Concello de Vilalba ten un convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, que forma aos novos e novas axentes de Policía Local antes de incorporarse aos concellos que os demandan.

Ademais das súas funcións habituais, a Policía Local ten agora tamén a tarefa de informar e controlar o cumprimento das medidas de prevención para evitar rebrotes polo coronavirus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.