Vixésima entrega de material de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais de Lugo

Nesta ocasión distribúe 79.400 unidades entre 80 residencias e institucións similares situadas en 38 concellos da provincia

A Xunta de Galicia está a realizar estes días unha nova achega de material preventivo contra a Covid-19 ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo, e alcanza xa a vixésima entrega dende o inicio da crise sanitaria.

Nos sucesivos repartos, a Xunta subministrou equipos de protección a todas as residencias, centros de día, vivendas e apartamentos tutelados e institucións similares situadas na provincia que figuran dados de alta no rexistro autonómico como prestadores destes servizos sociais.

En conxunto, leva facilitado preto de 1,5 millóns de unidades de protección a todos os centros de maiores, menores, discapacidade, inclusión, igualdade ou xuventude, entre outros, tanto xestionados por administracións públicas -a propia Xunta, a Deputación Provincial ou concellos-, como por  asociacións, fundacións e outras entidades sociais.

Esta nova entrega -que se realiza só unha semana despois de completar a anterior-, beneficia en concreto a 80 centros situados en 38 concellos lucenses. Nesta ocasión distribúense 79.400 unidades de protección, entre elas 39.200 guantes, 39.650 máscaras e pantallas faciais, 72 batas e mandís, e 500 garrafas de desinfectante e botes de xel hidroalcólico.

A Administración galega quere contribuír así á seguridade de traballadores e usuarios destes servizos, que son máis vulnerables ante a pandemia do coronavirus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.