35 proxectos de investigación da UDC acaban de obter financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación por un importe global de 3.642.584

“A investigación, xunto coa docencia, son as dúas misións fundamentais da universidade pública. Na Universidade da Coruña apostamos claramente, como unha das misións, pola investigación de calidade. Entre os obxectivos está o de fomentar a creación e desenvolvemento de grupos de investigación básica e aplicada que contribúan ao progreso científico, tecnolóxico, económico e social. Unha das formas que contamos para esta misión é a participación en proxectos competitivos, como son os de do plan nacional que periodicamente convoca o Ministerio de Ciencia”, valorou o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya.

A convocatoria do Ministerio establece dúas categorías: Xeración de coñecemento e Retos investigación. Os proxectos da modalidade de Xeración de coñecemento, sen orientación temática previamente establecida, segundo se explica na convocatoria oficial, están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo. Nesta categoría, a Universidade da Coruña obtivo apoio para 15 proxectos; mentres que a modalidade Retos investigación, na que se financian 20 proxectos da UDC, está orientada á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal.

Nesta última convocatoria, a UDC vén de acadar a maior subvención en proxectos competitivos, aumentando en preto de 1,5 millóns de euros o financiamento conseguido na convocatoria de 2018, a anterior a esta, e duplicando a subvención acadada no ano 2015. Ademais, coas axudas desta edición serán financiados nove novos contratos de predoutoramento asociados a estes proxectos e dous contratos de novos investigadores para postdoutoramento. “É un fito que recoñece o excelente labor que están a desenvolver os nosos investigadores e grupos de investigación, co apoio tamén dos centros” destaca o vicerreitor Salvador Naya.

Investigadores e proxectos financiados na categoría Xeración de coñecemento:

  1. Amparo Alonso Betanzos: Aprendizaxe Automática Escalable e Explicable
  2. Margarita Alonso Ramos: Estudo das combinacións léxicas nun corpus académico de noveles para unha Ferramenta de Axuda á Redacción de Textos Académicos
  3. Alberto Arufe Varela: As relacións laborais e de seguridade social do persoal ao servizo de organizacións internacionais, rexionais e mundiais. Unha perspectiva de dereito comparado
  4. José María Cardesín Díaz: Violencia colectiva e protesta popular nas cidades españolas: a guerra da independencia
  5. Víctor Manuel Carneiro Díaz: Detección temperá de intrusións e anomalías en redes definidas por software
  6. José Manuel Estévez Saa: Estética, ética e estratexias das novas cartografías migratorias e identidades transculturais nas literaturas en lingua inglesa do século XXI (2007-2019)
  7. José Ángel Jurado Albarracín: Optimización de forma e análise de seguridade computacional e aeroestrutural de taboleiros de pontes de cables de gran van considerando múltiples fenómenos aeroelásticos
  8. Isabel Moskowich-Spiegel Fandiño: Etiquetado electrónico de textos científico-técnicos en lingua inglesa entre os séculos XVIII e XX (5): Coruña Corpus
  9. Eduardo Mosqueira Rey: Análise de estratexias para incorporar humanos ao proceso de aprendizaxe automático e a súa aplicación á investigación do cancro pancreático
  10. Carlos Peinados Veira: Desenvolvemento de novos ciclofanos autoensamblados e a súa implementación en estructuras nanométricas
  11. Nieves Pena Sueiro: Biblioteca Dixital Século de Ouro 6
  12. Carlos Platas Iglesias: Plataformas Innovadoras para Aplicacións Radiofarmacéuticas
  13. María Dolores Sánchez Palomino: Dicionario histórico e etimolóxico da lingua galega (I): preparación de recursos, deseño e test inicial
  14. Pedro Serna Bermúdez: Os novos dereitos humanos: teoría xurídica e praxe política
  15. Begoña Simal González: Literatura e globalización: comunidades de refugallo

Investigadores e proxectos financiados na categoría Retos investigación:

  1. Laura Castro Santos: Deseño dunha ferramenta para a selección de localizacións e tecnoloxías de enerxías renovables mariñas: aplicación a augas territoriais españolas
  2. Mónica Belén Fernández Suárez: Integración e retorno da “nova emigración española”: unha análise comparada das comunidades de españois no Reino Unido e Francia
  3. Elvira Santiago Gómez: Mitigar o risco en sociedades resilientes. A incorporación do coñecemento baseado na experiencia na prevención, xestión e recuperación de desastres ambientais
  4. Roberto Bao Casal: Impactos Climáticos da Era Común sobre os Ecosistemas Acuáticos do NW de España
  5. Luís Castedo Ribas: Avances en codificación e procesado de sinal para a sociedade dixital
  6. Jacobo Díaz García: Optimización probabilista fronte a impacto e tolerante a danos de estruturas de fuselaxe de nova xeración
  7. Francisco Javier Estévez Cimadevila: Forxados alveolares mixtos madeira-formigón de altas prestacións para unha construción sustentable e ecoeficiente
  8. Manuel Jesús González Castro: Simulación da interacción fluído-estrutura en redes de pesca
  9. Manuel Francisco González Penedo: Cuantificación e caracterización computacional de imaxe multimodal oftalmolóxica: Estudos en esclerose múltiple
  10. Juan Carlos Maixé Altés: Diñeiro en transformación: actores, procesos e consecuencias sociais da innovación financeira
  11. Andrés Martínez Lage: Estudo comparativo de estratexias reprodutivas de crustáceos de interese comercial: avances para a sustentabilidade pesqueira e a resiliencia dos stocks explotados
  12. Soledad Muniategui Lorenzo: Caracterización Química de Polímeros Reciclables e Biopolímeros e os seus aditivos ( CHEMPLAS)
  13. Thais Pousada García: Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio
  14. Miguel Ángel Rodríguez Luaces: Visualización e exploración baseada en fluxos e analítica de Big Data espacial
  15. Ana María Rodríguez Pasandín: Emprego de biopolímeros procedentes de refugallos da industria madeireira para a fabricación de mesturas bituminosas sustentables
  16. Francisco Javier Samper Calvete: Modelos de transporte de masa e interaccións xeoquímicas en interfaces heteroxéneas, irregulares e múltiples en medios porosos e fracturados con gradientes hidráulicos
  17. Juan Touriño Domínguez: Desafíos Actuais en HPC: Arquitecturas, Software e Aplicacións
  18. Carlos Vázquez Cendón: Métodos matemáticos e computacionais para novos retos en finanzas cuantitativas, medioambiente, biotecnoloxía e enxeñería
  19. José Luis Pardo Vázquez: Alimentación e funcionamento cognitivo: tomamos peores decisións por dispoñer de demasiada comida, demasiado fácil de conseguir?
  20. Aurora Rodríguez Rodríguez: Axentes de contraste para IRM baseados en Ferro(III) para a Detección de Cancro de Mama

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.