A alcaldesa de Narón felicitou á triatleta Paula Herrero, do club Náutico Narón, tras proclamarse campiona de España de élite de distancia olímpica en Banyoles

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá ao presidente do club Náutico Narón, Amando Guerrero, que lle entregou unha fotografía da triatleta asturiana Paula Herrero, que se proclamou campiona de España élite en distancia olímpica no campionato celebrado en Banyoles (Girona) o pasado 5 de setembro. Herrero non puido acudir hoxe ao acto debido a que se atopa xa en Madrid, donde estudia e continúa adestrando, tal e como indicou Guerrero

O pasado venres Paula Herrero recibiu un recibimento sorpresa no paseo matítimo de Xuvia, donde numerosos deportistas do citado club naronés a esperaban para felicitala polo resultado obtido en Banyoles e incluso se fotografiaron con ela e lle pediron autógrafos. A homenaxeada tamén recibiu varios agasallos por parte do club, donde ao día seguinte continuou traballando coas súas compañeiras e compañeiros.

No mesmo campionato de Banyoles Natalia Castro obtivo o 6 de setembro a terceira praza da Copa de Europa Junior e o pasado mes de agosto, os días 22 e 23, a triatleta Sara Guerrero, acadou o segundo posto do campionato de España de distancia Sprint, donde o Náutico de Narón resultou campión de España por clubes nas categorías Junior e Sub23.

A alcaldesa de Narón trasladou a Guerrero a felicitación para Paula Herrero polo resultado obtido en Banyoles e agradeceu o agasallo recibido por parte do club. Así mesmo, Ferreiro felicitou ao resto de deportistas do club naronés que participaron nas últimas competicións celebradas polos resultados obtidos e animounos a continuar traballando como ata agora para continuar sendo todo un referente do deporte na cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.