A Deputación da Coruña apoia con 170.855 euros a celebración de dezaseis grandes eventos deportivos na provincia

O Pantín Classic, o Campionato de España de Surf, os rallyes da Coruña, Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), o Campeonato do Mundo de Enduro Indoor ou a Volta Ciclista á provincia da Coruña entre os eventos cos que colabora a área de Deportes da Deputación
A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de 16 axudas económicas a outros tantos clubes, asociacións e sociedades deportivas da provincia para levar a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2020.
As achegas provinciais, incluidas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, acaban de publicarse no BOP e teñen como obxectivo “apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademáis de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional”, segundo destacou o deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán.
Entre as axudas concedidas na convocatoria inlcúense probas deportivas de renome coma o Pantín Classic (proba internacional da Wold Surf League) e o Campionato de España de Surf celebrado na Frouxeira (Valdoviño), os rallyes da Coruña, Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), a Volta Ciclista á Provincia da Coruña ou o Campionato do mundo de Enduro Indoor, ata outras de ámbito máis local, pero que contan cun importante nivel de participación.
Baloncesto, balonmán, surf, ciclismo e rallyes son algunhas das actividades deportivas que a Deputación financia a través desta convocatoria, na que tamén se promocionan eventos deportivos de carácter máis minoritario.
As axudas concedidas destínanse ás seguintes actividades:
Entidade | Concedido |
CLUB UTMC
Desafío Internacional Ecocamiño |
16.500,00 € |
ESCUDERIA AUTOMOVILISTICA DEL FERROL Rallye de Ferrol | 16.500,00 € |
AGRUPACION DEPORTIVA NOROESTE BETANZOS MOTOR
Rallye Terra da Auga |
14.355,00 € |
EQUIOCIO FERROL | 8.500,00 € |
M.N.M. (MOVETE NA MOTO). Campionato do Mundo Enduro Indoor | 8.500,00 € |
FEDERACION GALLEGA DE BALONMÁN Torneo Scandiberico Xuvenil masculino | 9.500,00 € |
GALIORIENT SPORT’S
Nothwest Triman |
8.000,00 € |
CLUB RALLYE RIAS ALTAS | 8.000,00 € |
CLUB NAUTICO FOLIXA.
Xtreme Pantín 8º ed. |
6.000,00 € |
CLUB UNIVERSITARIO DE FERROL.
Fase ascenso a división de honra feminina |
6.000,00 € |
FEDERACION ESPAÑOLA DE SURF- Campionato de España 2020 | 7.500,00 € |
CLUB CICLISTA PADRONES
CLASICA DE PASCUA. COPA ESPAÑA 2020 |
6.000,00 € |
CLUB PRAIA DE PANTIN-
Pantín Classic 2020 |
31.000,00 € |
ONE SEVEN-
Rally da Coruña |
6.000,00 € |
CLUB ESCUDERIA SENRA-SPORT.
Rallye subida a Dumbría. |
6.000,00 € |
FEDERACION GALLEGA DE CICLISMO
XIX VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA |
12.500,00 € |
TOTAL | 170.855,00 € |