A Deputación da Coruña apoia con preto de 800.000 € os programas de servizos sociais de 60 entidades sen fins de lucro da provincia

A Deputación da Coruña acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais para o ano 2020, cun investimento total de 778.413,41 €.

As axudas da Deputación chegarán este ano a 60 entidades da provincia da Coruña que desenvolven o seu traballo no ámbito social, con subvencións que oscilan entre os 1.000 e os 25.000 euros.

Con este investimento a Deputación pretende reforzar os servizos sociais da provincia co obxectivo de chegar ao maior número de persoas posible neste momento marcado pola pandemia.

“As entidades que traballan no ámbito social na provincia da Coruña realizan unha labor fundamental con aqueles colectivos especialmente vulnerables. Un traballo que desde a Deputación queremos apoiar con estas liñas de axudas”, afirmou a deputada responsable da área de Benestar Social, Ana Lamas, que destacou que este programa “beneficia a miles de persoas” con diversidade funcional, adiccións, en risco ou situación de exclusión social, menores e outros colectivos especialmente sensibles, “axudándolles a mellorar a súa calidade de vida”.

Terapias de rehabilitación, programas de atención psicosocial e prevención de condutas aditivas, respiro familiar, transporte adaptado ou integración social son algunhas das iniciativas que a Deputación apoia a través desta liña de axudas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.