A Deputación da Coruña colabora coa Subdelegación do Goberno na distribución doutras 117.000 máscaras aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia

O material será distribuido nos vindeiros días para atender as necesidades dos municipios

A Deputación da Coruña colabora co Goberno de España na distribución dun novo lote de 117.000 máscaras destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

A Subdelegación do Goberno xa puxo a disposición da Deputación o material, que será distrubuído nos vindeiros días para atender as necesidades dos municipios.

Con este novo lote, a Deputación leva distribuido durante a crise da Covid-19 arredor de 600.000 máscaras entre os municipios coruñeses, 400.000 da propia Deputación e 200.000 do material suministrado polo Goberno.

Nesta ocasión, priorizarase a repartición en persoal dos centros educativos e en colectivos vulnerables, de acordo ás necesidades e criterios que estableza o propio concello.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia da colaboración entre administracións para facer fronte as consecuencias da pandemia.

A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo agradeceu a colaboración da Deputación neste novo envío e lembrou que este é o cuarto operativo posto en marcha polo Executivo para a distribución de máscaras entre a poboación, que leva repartido entre concellos e entidades sociais máis de 1 millón de unidades As anteriores campañas desenvolvéronse coincidindo coa obrigatoriedade do uso do material no transporte público e coas primeiras medidas adoptadas para a nova normalidade como a apertura de negocios e o incremento de mobilidade derivado destas novas circunstancias.

Ademais, establecéronse como destinatarios prioritarios as persoas máis vulnerables e con menores recursos económicos, para o que o Goberno contou coa colaboración de Cruz Vermella Española, Cáritas e Cermi, a través das que se canaliza a entrega do material. Esta nova entrega realízase en apoio ás entidades sociais e ás familias máis necesitadas, coincidindo co inicio do curso escolar.

15 millóns de máscaras en toda España

O Goberno distribuirá agora 15 millóns de máscaras en toda España, das que a Galicia correspóndenlle 862.00 unidades, 385.000 das cales se entregarán por parte da Subdelegación do Goberno na provincia da Coruña.

Pilar López-Rioboo quixo destacar o gran traballo e esforzo desenvolvido polas entidades sociais durante a crise derivada do COVID-19 e que focalizou fundamentalmente na defensa das persoas máis vulnerables e desprotexidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.