Aberto o prazo para apuntarse aos obradoiros de olería no Concello de Oleiros

Está aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería infantil, xuvenil e de iniciación para adultos que organiza o Concello de Oleiros. Una ano máis, terán lugar no Alfar das Torres de Santa Cruz a partir do mes de outubro

Os obradoiros infantil e xuvenil serán os sábados en horario de mañá. No caso das clases de iniciación para adultos celebraranse luns e martes en horario de tarde.

Para participar nestas actividades teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Para obter máis información e formalizar as inscricións hai que dirixirse ao departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica; aos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916); ou mediante o correo electrónico cultura@oleiros.org.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.