Alba Grande trae ao Alivio contos para derretera a cera

Tarde de monicreques e teatro para toda a familia no Alivio. Este xoves 10 de setembro será a quenda de Alba Grande, que chegará a Tomiño co seu novo espectáculo, ‘Contos para derreter a cera’.

A actriz e titiriteira ourensá sorprenderá cun espectáculo único do que o público non se perderá detalle. Será a partir das 19 horas na Praza do Seixo e con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.

A actividade será de balde, aínda que será necesario reservar entrada previamente chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.