As Brigantias Roller Derby organizan o vindeiro sábado 3 de outubro un obradoiro sobre o mantemento de patíns tradicionais.

O sábado 3 de outubro, na asociación Acéfala poderás asistir a un obradoiro no que aprenderás todo sobre o mantemento dos teus patíns. Será un obradoiro de 2 horas de duración, pudendo escoller dous horarios: de 17 h a 19 h, ou ben, de 19 h a 21 h. O evento terá lugar na asociación Acéfala, situada no baixo da Avenida de Hércules 73, esquina coa rúa Joaquín González.

A inscrición realízase a través deste formularioAs prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Unha vez que pechemos os grupos confirmarémosvos si estades admitidas.

O taller será completamente gratuíto, aínda que deixaremos un bote para realizar donativos voluntarios para a asociación Acéfala.

¡Vémonos o sábado!

Para máis información, o equipo dispón de redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) e de  páxina web www.brigantias.com

ACERCA DE AS BRIGANTIAS

As Brigantias RD é un equipo de Roller Derby de A Coruña que naceu en 2012. Actualmente está recoñecido como un dos catro equipos oficiais de España pola WFTDA (Women ́s Flat Track Derby Association).

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.