Candia pon en valor o traballo dos colaboradores do Partido para que Feijóo fose investido presidente por 4ª vez consecutiva

Seguindo a rolda de reunións coas agrupacións locais, a presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia, mantivo un encontro, na tarde-noite do venres, con interventores, apoderados e colaboradores do partido en Sarria. A popular quixo, deste xeito, agradecer o esforzo, entrega e traballo que estes voluntarios realizaron nas pasadas eleccións autonómicas, e que permitiu que Alberto Núñez Feijóo voltase a ser investido presidente da Xunta de Galicia por cuarta vez consecutiva.

Concretamente, neste municipio o PP acumulou o 55,01% dos votos, case tres puntos porcentuais máis que en 2016. É dicir, máis de 3.600 sarrianos avalaron co seu voto un goberno “que xa demostrou que, fronte ás dificultades, ofrece rigor, seriedade e seguridade aos cidadáns”, remarcou Candia.

“Conquerir a alcaldía”

A máxima responsable do PP na provincia puxo así en valor a importancia do resultado acadado na provincia e en Sarria, en particular. “Os lucenses e os sarrianos dixeron si a Feijóo, conseguindo que o mellor resultado que se acadou en Galicia fose o da nosa provincia”. Por iso, salientou: “temos que seguir na mesma senda, sen desperdiciar nin un só segundo e traballar porque o que toca agora é, dixo, reorganizarnos nesta agrupación para conquerir a recuperación da alcaldía”.

Neste labor, “no que todos sumamos e ninguén sobra”, Candia tamén expresou a súa colaboración para traballar neste obxectivo, “xa non só como presidenta e compañeira, senón tamén como deputada”. “Ábrese un novo escenario e debemos xestionalo ben”, sobre todo, engadiu, “porque non vai ser sinxelo debido ao virus que, lamentablemente, neste municipio tamén está a ter consecuencias sanitarias e económicas”.

A popular volorou así o traballo “de tantas e tantas persoas que nos axudaron e que apostaron por un líder que non só goberna, senón que xestiona; xusto o que España, Galicia, Lugo e Sarria necesitan nestes momentos”.

“Pezas fundamentais”

Pola súa banda, o voceiro do Grupo Municipal e deputado provincial, José Antonio García, indicou que “temos a base para seguir traballando”, e fixo tamén un recoñecemento público aos asistentes que definiu como “pezas fundamentais na estrutura do PP de Sarria”.

García aproveitou tamén a ocasión para porse a disposición da presidenta provincial na nova etapa como deputada autonómica. “Coñezo ben a Elena, xa non só dende o partido, senón que fomos compañeiros na Deputación e sei de como procurou sempre o mellor para os concellos. Estou convencido que os intereses de Sarria estarán presentes na mesa do Parlamento porque ela se encargará de que así sexa”, afirmou.

Semana intensa

Con Sarria, a presidenta provincial remata así o traballo desta semana que incluíu tamén reunións co voceiro do PP en Trabada e co Grupo Municipal de Alfoz.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.