CMVMC de Tameiga. Proxecto FV Comunidade Enerxética

A transición enerxética require dunha maior implicación dos cidadáns, institucións e empresas locais nos proxectos enerxéticos que se realicen a nivel municipal a través do desenvolvemento de comunidades enerxéticas. Trátase de lograr que estes proxectos acheguen tamén beneficios sociais, económicos e ambientais que repercutan no ámbito local, conseguindo unha maior aceptación destas actuacións. Para a consecución destes obxectivos nace a COMUNIDADE ENERXÉTICA LOCAL.

Principios operativos da comunidade enerxética:

  1. Preocupación pola comunidade: o obxectivo da empresa é brindar beneficios económicos, sociais e ambientais aos seus membros ou á área ou áreas locais nas que están activos, en lugar de ter finalidade lucrativa.
  2. Proporcionar participación aberta e voluntaria: a afiliación nunha cooperativa está aberta a todas as persoas como usuarios finais dos seus servizos e as cales están dispostas a aceptar as responsabilidades da devandita pertenza.
  3. Gobernanza democrática da empresa: gobernanza democrática directa baseada na igualdade de dereitos na toma de decisións (é dicir, unha persoa por voto).
  4. Autonomía e independencia: a empresa está controlada polos membros ou accionistas que participan como usuarios finais; os investidores externos ou as empresas que participan na comunidade non deben ter unha posición de control dentro do consello.

Para desenvoler este proxecto elixíronse tres emprazamentos do polígono industrial de Monte  Faquiña para localizar instalacións de xeración con tecnoloxía fotovoltaica. Tamén se proxecta realizar unha instalación de autoconsumo fotovoltaico na sede da  CMVMC Monte  Faquiña. Nesta instalación instalarase o material didáctico para que os visitantes do centro poidan ver como funciona. Instalacións propostas:

FASE 1: AUTOCONSUMO

➡ Centro Cultural “ As  Pedriñas”, Autoconsumo con Compensación Simplificada de excedentes. Potencia nominal de plánta xeradora = 50KW.

FASE 2: PRODUCIÓN

➡ Nave industrial  B07, “Autos  Vella”, instalación de autoconsumo con excedentes, ou venda a rede. Potencia nominal de plánta xeradora = 100 KW.

FASE 2: AUTOABASTECEMENTO

➡ Pérgola / Tellado do futuro aparcamento de Autocaravanas, Pol. 033, parcela 00088, instalación de venda  á rede. Potencia nominal dá planta xeradora = 80KW.

➡ Nave industrial  K, estrada Puxeiros-Mos, Pol. 034, Parcela 00038, instalación de venda á rede. Potencia nominal de plánta xeradora = 40kW.

En total deséñase unha potencia total de xeración de 270kW, que poden chegar a producir 380MWh ao ano. Esta enerxía representa o 32% do consumo dos comuneiros que forman parte da CMVMC de Tameiga e será comercializada por Nosa  Enerxía. O valor medio desta enerxía no mercado final do consumidor doméstico tería un valor estimado de 74.000€. As previsións diarias de produción e a xestión da carga, permitirá que os comuneiros, e os socios industriais da comunidade enerxética axusten a súa curva de demanda á de xeración, de forma que toda a enerxía xerada será consumida na mesma comunidade enerxética

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.