Javier Castiñeira. Cando iniciará a José Tomé as obras para os apartamentos tutelados de Portomarín

Entre as infraestruturas máis demandadas na provincia están as residencias da terceira idade. Unha das programadas é a de Portomarín, que se empezou a tramitar sendo Elena Candia a presidenta da Deputación. Neste caso, trátase de apartamentos tutelados. Despois de moito esperar, por fin o goberno provincial adxudicou as obras para os apartamentos tutelados que serán construídos en Portomarín. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, reclama do goberno provincial e, sinaladamente do seu presidente, que as obras comecen canto antes, porque é necesario que Portomarín poida dispoñer pronto desta residencia.

O portavoz provincial do PP visitou días pasados xunto co alcalde Portomarín, Juan Serrano, o terreo no que se levantarán os apartamentos. Castiñeira manifestou: “É unha parcela municipal que o Concello cede para que a Deputación faga apartamentos tutelados para Portomarín”. Explica: “O proxecto iniciouse no ano 2015, con Elena Candia como presidenta da Deputación, e estivo un tempo parado. Neste último ano se retomou a contratación . Parece ser que despois de varias voltas, por fin hai unha contratación definitiva. Pedimos ao goberno da Deputación que canto antes  inicie esta obra, que é  importante economicamente (máis de 1.400.000 euros) e socialmente, porque é fundamental para Portomarín”. Lembrou que “o Concello ten todo preparado e listo;  desexo que este edificio sexa unha realidade canto antes”.

O alcalde de Portomarín mostra agradecemento o anterior presidente socialista, Darío Campos, pola súa implicación neste proxecto, e espera que algún día poida dicir o mesmo do actual, José Tomé

Polo seu lado, o alcalde de Portomarín, Juan Serrano, sinala: “Esta é unha obra  que se empezou a planificar con Elena Candia na presidencia da Deputación. É certo que  tivo unha implicación moi positiva Darío Campos, ao que sempre teremos agradecemento. Espero que nesta etapa poida dicir o mesmo; de momento non o podo dicir, pero espero que agora,  con este novo impulso que se lle da, se inicie a materialización de algo tan demandado polos veciños: apartamentos tutelados, unha forma residencial diferente. Quedamos á espera de ver como empezan as obras, que confío en que sexa máis pronto que tarde”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.