Javier Souto e Jorge García, mocidade e ambición para o Calvo Basket Xiria

O carballés Javi Souto e Jorge García, xa formaban parte da plantilla a tempada pasada. Ambos buscan seguir formándose para gañar importancia

Jorge García provén da canteira de Basquet Coruña e afrontará en Xiria a súa primeira experiencia como xogador senior. A tempada pasada xogaba no equipo junior coruñés e xa estivo vinculado co Xiria de liga EBA.

Xogador exterior que pode desempeñar funcións de base, trátase dun xogador alto para a posición ( 1,90) que destaca polo seu bo tiro exterior , ser disciplinado na pista e entender o xogo.

Desenvolveu toda a súa formación en básquet Coruña , formou parte de diferentes seleccións autonómicas e xa debutou en LEB ORO e EBA. Tanto na selección como en equipos inferiores, Jorge coincidiu co adestrador axudante Héctor Méndez, polo que Jorge terá os mellores consellos para poder seguir formándose como xogador.

Xogador que pasou por todas as categorías inferiores de Xiria e integrante da vitoriosa xeración do 2000, Javi Souto volverá estar dacabalo do equipo de terceira e o persoal de liga EBA; con traballo e ilusión para seguir aumentando o seu nivel como fixo o ano pasado, seguro que a súa presenza en pista será cada vez maior.

Xogador de gran intensidade e traballo físico, a súa mellora constante no tiro exterior fan del un xogador con futuro por diante que mellorou na toma de decisións e coñecemento do xogo, por mor de enlazar adestramentos cada vez de máis nivel.

Con 20 anos , 1, 80 de estatura, e dúas presenzas en campionatos de España co seu equipo en categorías inferiores, demostrou que non se engurra nunca e que sempre está disposto a enfrontarse a retos e desafíos maiores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.