Jorquera “A incorporación dunha concelleira que foi eleita nas listas de Ciudadanos, non vai na direccion dos pactos BNG-PSOE”

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vaille preguntar ao Goberno Local, no pleno do 10 de setembro, sobre o grao de cumprimento do acordo de investidura asinado por PSdeG e BNG en xuño de 2019.

“Somos críticos co grao de cumprimento dese acordo [que posibilitou a investidura de Inés Rey] e entendemos que o Goberno Local precisa dunha mudanza de rumbo”, afirma Francisco Jorquera.

“O acordo de investidura que asinamos en xuño co PSOE ía encamiñado a garantir políticas progresistas desde o Goberno Local. A conformación do novo executivo, coa incorporación dunha concelleira que foi eleita nas listas de Ciudadanos, non vai precisamente nesa mesma dirección”, considera.

O BNG rexistrou esta pregunta oral antes de a alcaldesa dar a coñecer a configuración do seu novo gabinete, produto dunha crise de goberno que a formación nacionalista entende como recoñecemento implícito por parte do executivo coruñés de que as cousas non estaban a funcionar ben en María Pita.

“Consideramos que A Coruña non ten o impulso político e a tensión transformadora que necesita esta cidade. Houbo unha remodelación de goberno, pero ignoramos que correccións se van introducir na xestión do gabinete. E aí está a clave, non tanto no movemento de pezas, como nas políticas que se fagan”, advirte o portavoz nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.