Jorquera, celebrou que finalmente se alcanzase no Pleno a Declaración Institucional unitaria sobre o caso Fuenlabrada

Na súa intervención perante o Pleno, o voceiro nacionalista congratulouse de que se teña declarado Javier Tebas como persoa non grata na cidade da Coruña. “Persoa non grata polo seu comportamento irresponsábel, pondo en perigo a saúde pública; persoa non grata porque temos memoria e non esquecemos cando intentou fixar a responsabilidade do asasinato de Jimmy nos seareiros do Dépor. Preferiu amparar os nazis do Frente Atlético, actuando como encubridor de asasinos”.

Para Jorquera, Javier Tebas comportouse como un “capo mafioso” ao ocultar información sobre os positivos do Fuenlabrada e ao utilizar as súas influencias no aparello policial para forzar a escandalosa detención de Álex Bergantiños. Un capo mafioso, salientou, con vínculos empresariais co Fuenlabrada e, por tanto, con intereses para deixar caer o Dépor na Segunda B.
O voceiro nacionalista tamén criticou con dureza o Consello Superior de Deportes: “Agora o Goberno anuncia que levará Tebas á Fiscalía. E aledámonos. Pero non é menos certo que o Consello Superior de Deportes preferiu mirar para outro lado ante as solicitudes de iniciar o procedemento para a súa inhabilitación, pese a que a Lei do Deporte no seu artigo 43.C habilita o CSD para o facer, e inhibiuse á hora de arbitrar unha solución que reparase a inxustiza cometida” co Dépor, concluíu.

Un comentario

  • Manuel de Fontelíde e Golmar

    Moi bem Sr. Jorquera, por lembrarse do asasinato do Jimi e o xeito que respondeu a LFP, prohibindo os Riazor Blues e a defensa do malandro do Tebas dos xiareiros fascistas do At Madrid. Nom deixo eiquí de lembrarme do papel que interpretou o Tino Fernández por aqueles nefastos dias, noxento!!. Cómo um governo progresista do psoe e podemos, permite que um tipo fascista é essa toca, essa furna da mesma merda como esse equipa Do Fuenlabrada? Lozano e Tebas Demisióm!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.