Jovan Vukasinovic y Asier Comendeiro renovan no Xiria

Continúan as renovacións dos xogadores do Calvo Basket Xiria. Unha nova tempada, a segunda para o Coruñés Asier Comendeiro e a Terceira para o serbio Jovan Vukasinovic

Jovan Vukasinovic vivirá a terceira tempadaa  no Basket Xiria (quinta na Liga EBA), que parece comeza a asentarse sen Carballo, logo de tres anos coma xogador e adestrador das categorías base da Escola Basket Xiria.

Jovan é un xogador de 24 anos e 2,06 metros de altura, que ten experiencia no baloncesto español, xa que esta será a sétima tempada que está no noso pais, onde chegou en categoría júnior para xogar en Cáceres.

Xogador con bos movementos de costas a canastra, e bo pasador, dende a Dirección Técnica, espérase que poida dominar o rebote defensivo e atraer dobres defensas no ataque. A súa mellora física, necesaria para poder defender a pivots mais rápidos, marcará a importancia que este xo ven xogador terá no plantilla do Calvo Basket Xiria.

Asier Comendeiro pola sua parte, formado no Club Liceo La Paz, como sénior, chegou ao filial de Basquet Coruña para xogar en Nacional, onde conseguiu o ascenso a Liga EBA. Nesta categoría xogou dúas tempadas: unha en Basquet Coruña e outra en Narón. Estea será a súa segunda
tempada no CALVO Basket Xiria.

Xogador de 26 anos e cunha altura de 196cm, con 4 tempadas de experiencia previa na Liga EBA, 76 partidos e mais de 1400 minutos xogados. Desenvólvese na posición de aleiro aínda que é un todoterreo que, debido ao seu carácter competitivo e polivalencia, acaba achegando intanxibles que suman ao equipo en ambos os lados do campo e que os adestradores agradecen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.