Narón repartirá 10.000 máscaras donadas polo Goberno entre escolares e colectivos vulnerables

Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, recibiron onte no Concello de mans da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, 10.000 máscaras que se repartirán preferentemente entre os centros de ensino da cidade e colectivos vulnerables

A doazón realizouse en virtude dunha campaña de entrega de material impulsada polo Goberno central a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coincidindo co inicio do curso escolar. Os edís naroneses valoraron a doazón realizada e o feito de que a través da mesma se faciliten medios de protección fronte á Covid-19 a colectivos vulnerables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.