O BNG de Outeiro de Rei pide un cribado masivo da veciñanza do municipio, na residencia Domus Vi hai contaxiados 139 maiores e 14 traballadoras

O BNG de Outeiro de Rei demanda un cribado masivo da veciñanza do municipio para dimensionar a incidencia do brote de Covid 19 detectado na residencia Domus Vi onde, segundo os datos feitos públicos polos Sergas este martes, hai 139 maiores e 14 traballadoras contaxiadas.

A voceira da formación nacionalista, Elvira Lombao, denunciou “a pasividade do goberno local ante unha situación con datos cada día máis preocupantes. Os contaxios xa afectan a preto do 75 por cento dos usuarios da residencia e o alcalde segue en silencio, botando balóns fóra e evitando pedir á Xunta que actúe. Está a poñer os intereses do Partido Popular por riba dos intereses da veciñanza”, criticou a edil.

A concelleira nacionalista pediu ao goberno local “que informe á veciñanza sobre a incidencia real da Covid 19 no concello”. Nesa liña, insistiu na necesidade de crear unha comisión con representación de todos os grupos municipais para facer un seguimento da evolución da situación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.