O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico

O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico da localidade

A rúa Sanz, tanto o empedrado da rúa, coma as paredes do cárcere vello e doutros inmobles situados neste emprazamento foron obxecto destes actos vandálicos. Dende o Concello de Tui faise un chamamento “a respectar o noso patrimonio”.

As forzas e corpos de seguridade están a investigar estes feitos para poder localizar á persoa ou persoas que os cometeron.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.